ASNEVES
REVISTA MAIO

Obradoiro de iniciación ao manga

06feb11:3012:00Obradoiro de iniciación ao mangaACTIVIDADES PARA O COCO | 40,00€11:30 - 12:00(GMT-11:00) O Almacen Cultural

Detalles do eventos

Data e hora:

Sábado 30 de xaneiro e 6 de febreiro de 11.30h a 13.30h

Descrición:Neste obradoiro achegarémonos ao mundo do manga, coñeceremos as súas orixes así como a súa clasificación por xénero. Analizaremos que elementos compoñen unha páxina de manga e aprenderemos a usalos e deste xeito os “bocadillos” deixarán de ser un petisco para converterse nun elemento máis para construír as nosas propias historias.

IMPARTIDO POR: CARLOTA QUINTANA

Nacida en Vigo, leva debuxando dende que ten memoria, asistiu a clases de debuxo e pintura na escola e dende entón non se separou do mundo da arte dun xeito ou doutro. Estudou 1º de Belas Artes e despois 2 anos de fotografía artística ata que atopou o que realmente lle gustaba, o deseño gráfico. Todos eses estudos ensináronlle moitas cousas que aplica ao seu actual traballo no mundo do cómic.

Máis info e inscricións en: https://www.oalmacencultural.com/obradoiro-iniciacion-manga/

Máis

Hora

(Sábado) 11:30 - 12:00(GMT-11:00)