Obradoiro de debuxo Figuras na paisaxe

15out10:00Obradoiro de debuxo Figuras na paisaxeACTIVIDADES PARA O COCO | 55,00€10:00(GMT+02:00) Fundación Sales

Detalles do eventos

Primeiro taller do ciclo Sábados no xardín: Figuras na paisaxe é unha proposta de Begoña García-Alén, artista e debuxante de cómics. Trátase dun curso de debuxo de carácter experimental, para todas as idades a partir de 15 anos, e non é necesario ter experiencia previa para gozalo.

Neste taller exploraremos as múltiples posibilidades que nos ofrece o debuxo en relación á observación da contorna nos diferentes espazos naturais da Fundación Sales.

Tras unha charla da man da Fundación e un almorzo co resto de participantes, comezaremos o taller percorrendo o xardín e experimentando a través do debuxo. Desde a realización de diferentes exercicios, traballaremos desde a forma, o fondo, a luz e a secuencia. Ao finalizar este taller cada participante terá distintas imaxes que reflectirán de maneiras moi diversas o noso paso polo xardín.

Os materiais están incluídos (papel, lapis de cores, soporte para debuxar…) pero as persoas que participen son libres de traer outros materiais (acuarela, tablet con app para debuxar…).

Begoña García-Alén González (1989) é unha artista plástica pontevedresa. Estudou na Facultade de Belas Artes de Pontevedra e a Universidade de Kingston en Londres. Desde 2014 publicou distintos traballos a través das editoriais Fosfatina, Apa-Apa Cómics e NL Edicións, un proxecto editorial propio creado xunto a Andrés Magán. En 2021 publica Adeus Amigos, cómic gañador do Premio Castelao de Cómic da Deputación provincial da Coruña.

Reserva de praza: Pago do importe do curso mediante transferencia bancaria a ES91 0081 7620 44 000 204 4614 Concepto da transferencia: nome, apelidos, nome do taller

Envío do xustificante adxunto a info@salesxardin.com xunto ao teu nome, apelidos e teléfono de contacto

Máis

Hora

15 outubro, 2022 10:00(GMT+02:00)

Localización

Fundación Sales

de, Av. Europa, 52, 36212 Vigo, Pontevedra

Other Events