VIALIA
bannerPicnicSesions

Obradoiro de construción para miniarquitectos

05nov12:00Obradoiro de construción para miniarquitectosPEQUERRECHOS | De balde12:00(GMT+01:00) Biblioteca Juan Compañel

Detalles do eventos

Arquitectura de emerxencia: Obradoiro de construción para miniarquitectos, con Nuria Prieto

Que pasaría se fose posible levar unha casa na que vivir debaixo do brazo? Dobrada e con pouco peso. Parece algo imposible, xa que unha casa está formada por unha suma de espazos bastante grandes. Pero encartando de forma adecuada os ‘muros’ unha casa para catro ou seis persoas pode ocupar o espazo dunha mochila grande. Como é posible?

Hai moitos deseños de casas pegables e estes poden modificarse segundo as necesidades: pódense pintar de cores, abrir xanelas, colocar mobles e moito máis para convertelo de verdade nun fogar.

Duración:60 min.
Idade: de 4 anos en adiante e poden ir acompañados por un adulto.

Inscrición previa na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 a mesma semana da actividade.

Sábado 5 ás 12:00

Máis

Hora

(Sábado) 12:00(GMT+01:00)

Localización

Biblioteca Juan Compañel

Rúa Joaquín Yáñez, 6, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events