Obradoiro de audio e música

13ago20:00Obradoiro de audio e músicaACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+02:00) Museo Verbum

Detalles do eventos

Dentro do proxecto A Noite Branca, VERBUM – CASA DAS PALABRAS ofrece ao público a exposición permanente Verbum Creativo e catro obradoiros de escritura e música.

Obradoiro de Lettering Vigo inspira. Clase práctica onde coñecer diferentes caligrafías, técnicas, ferramentas e elementos ornamentais da man da deseñadora Mónica Martínez. Aforo máximo de 12 persoas por seesión. Horario: 20.00h – 21.15 h / 21.45h – 23.00 h / 23.30h – 00.30 h.

Obradoiro de Danza e Movemento. Aprendizaxe de movementos de diferentes estilos para formar unha coreografía conxunta pola bailarina e coreógrafa Olalla Cereijo. Aforo máximo de 15 persoas por sesión. Horario: 20:30-21:15 h / 21:45-22:30 h / 23:00-23:45 h.

Obradoiro de Voz e Coro. Nocións teóricas sobre a voz e organización e actuación das voces dos asistentes segundo o seu rexistro pola cantante e directora de coro Sabela Cereijo. Aforo máximo de 15 persoas por sesión. Horario: 20:15-21:15 h / 21:45-22:45 h / 23:15-24:15 h.

Obradoiro de audio e música. Peza sonora para os asistentes e explicación e oportunidade de crear a túa propia peza musical por Charlee e Jesús Andrés. Aforo máximo de 10 persoas por sesión. Horario: 20:00-20:30 h / 21:00-21:30 h / 22:00-22:30 h.

Máis

Hora

(Venres) 20:00(GMT+02:00)

Localización

Museo Verbum

Av. Samil, 17, 36212 Vigo, Pontevedra

Other Events