VIALIA
bannerPicnicSesions

Obradoiro 'Casas de cartón'

14nov18:00Obradoiro 'Casas de cartón'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde18:00(GMT+01:00) Local Emaús

Detalles do eventos

Cartón, vivenda, cidade, arte, fogar, inclusión, materiais omnipresentes… estes e outros moitos ingredientes mistúranse para formar parte do obradoiro CASAS DE CARTÓN que está a piques de arrancar no barrio, o vindeiro luns día 14, grazas a colaboración do artista e profesor de Belas Artes na Universidade de Vigo, Ignacio Pérez- Jofre.

Vaise desenvolver nun novo espazo aberto ó barrio, O Local de Emaús, situado en Doutor Cadaval, 30.

Grazas a esta colaboración, o obradoiro, que forma parte do proxecto Participa, permitirá a Emaús seguir experimentando na creación de Encontros Improbables, espazos para o intercambio, coñecemento e convivencia entre persoas con historias, orixes e situacións vitais diversas que sería moi difícil que se coñeceran se non se fai algo por fomentalo.

O taller consiste na construcción dunha instalación colectiva composta por casa feitas por acumulación de anacos de cartón. O resultado servirá para incentivar unha reflexión sobre urbanismo, arquitectura, desigualdade e exclusión residencial.

O obradoiro é de balde pero é imprescindible a inscrición previa xa que as prazas son limitadas. Terá lugar os luns e mércores entre o 14 e o 30 de novembro. Para máis información: 628 582 640 ou no correo participa@emaus.com

Máis

Hora

(Luns) 18:00(GMT+01:00)

Localización

Local Emaús

Rúa do Doutor Cadaval, 30, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events