VIALIA
PLAYDOC

Obradoiro caligrafía chinesa

22abr18:30Obradoiro caligrafía chinesaACTIVIDADES PARA O COCO | De balde18:30(GMT+02:00) Escola Oficial de Idiomas

Detalles do eventos

O 20 de abril comeza a tempada de chuvia de cereais (en chinés como “Guyu” 谷雨) e as Nacións Unidas escolleron esta data para conmemorar a contribución de Cangjie (仓颉), o “ancestro que creou os caracteres chineses” fai cerca de cinco mil anos e, celebrar, así, o seu Día internacional do idioma chinés. Asemade,, esta iniciativa tamén celebra o multilingüismo e a diversidade cultural.

A lingua chinesa é unha das máis antigas do mundo e a de maior número de falantes pola cantidade de nativos. É poética, debido á existencia de metáforas con alusión á natureza, por exemplo. Os caracteres son formas expresivas que teñen que ver coa súa cultura, e especificamente, coa maneira en cómo ven a vida. Desde entón os caracteres chineses evolucionaron e variaron, pero seguen constituíndo a única lingua superada íntegramente en signos gráficos distintos dun alfabeto que aínda existe na actualidade.

A Escola Oficial de Idiomas de Vigo é un centro docente público que imparte as ensinanzas de idiomas de réxime especial, actualmente nove e entre elas a lingua chinesa. O próximo luns 22 de abril na sede central da EOI situada na Avda Emilio Martínez Garrido, Nº 17 con motivo desta festividade celebrarase unha actividade de caligrafía chinesa de 18.30h a 19.30h na entrada da escola. Empregaranse distintos tipos de pinceis e o departamento de chinés desta institución abre as súas portas a todos aqueles interesados en acercarse para coñecer un pouco máis sobre esta lingua, os nosos programas educativos, actividades etc. Ademais, poderase visualizar unha breve presentación sobre un célebre artista chinés, Xu Bing (en chino 徐冰).

Máis

Hora

(Luns) 18:30(GMT+02:00)

Localización

Escola Oficial de Idiomas

Av. de Emilio Martínez Garrido, 17, 36205 Vigo, Pontevedra

Other Events