VIALIA
bannerPicnicSesions

O Vigo que non sae nas postais

22feb20:30O Vigo que non sae nas postaisARTE E MUSEOS | De balde20:30(GMT+01:00) Café Uf

Detalles do eventos

A cidade de Vigo ten unha gran cantidade de símbolos que a representan e que permanecen no recordo de aqueles que a visitan ou residen nela; os guindastres, os barcos, as fábricas e os grandes contenedores que poden verse no  porto e nos estalerios son, sen dúbida, algúns deses elementos característicos.

Diana Cordeiro a artista que retrata a realidade industrial da cidade de Vigo

Diana asegura que Vigo é a súa maior inspiración e así o reflicte na súa arte con guindastres, barcos e grandes contedores que acaban decorando as paredes daqueles que queren ter nas súas casas un pedazo da cidade olívica. Diana pinta con espátula e acrílico, o que lle outorga á súa pintura un estilo diferente, orixinal e moderno. A artista, que forma parte dos grupos artísticos Alterarche e Nume, tamén conta que se atopa inmersa no seu traballo final da especialidade en escultura e talla da Escola de Artes e Oficios de Vigo, aínda que sinala que lle apaixona o mundo dos gravados, asegura que a súa vocación seguirá sendo retratar a pintura.

Davida debuxante disléxico a medio camiño entre Vigo e Badajoz.

Cursou delineación no I.E.S. Politécnico e debuxo, serigrafía e confección na E.M.A.O. Humorista gráfico nas revistas Xogo Descuberto, Retranca e A Movida e nos portais web Novaxove.com, ODivinoFerrete.es, Pentavox.net e MoiCeleste.com. En 2019 comenza o proxecto Alzados, que  busca poñer en valor o patrimonio industrial vigúes. Xunto con Edward Morgan coordina o proxecto #ARutaDasArtistas de Festival nun Local. Como artista urbano participou en certames como O Marisquiño XV, Badajoz Pinta ou  Vigo Ciudad de Color.

Inauguración 22 de febreiro
Ata o 20 de abril

Máis

Hora

(Martes) 20:30(GMT+01:00)

Localización

Café Uf

Pracer, 19, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events