O Tango: Borges e Piazzolla

20out21:00O Tango: Borges e PiazzollaCONCERTOS | Desde 6,00€21:00(GMT+02:00) Vitruvia Café

Detalles do eventos

O tango orixínase nas clases baixas e urbanas de cidades portuarias como Buenos Aires (Arxentina) e Montevideo (Uruguai) que incluían a escravos e inmigrantes que souberon combinar a música indíxena e española incorporando influencias africanas, cubanas e europeas. Repudiada inicialmente polas clases altas arxentinas, isto cambiou cando o tango cruzou o Atlántico en dirección a Europa despois da Primeira Guerra Mundial e foi tan ben acollido aquí, especialmente en grandes cidades como París ou Roma.

A historia de Borges e Piazzolla está infestada de desencontros ao redor deste xénero que tanto lles gustaba. Borges defendía unha visión clásica (que non lle impedía combinalo con ser un fan incondicional de Pink Floyd) e Piazzolla, como músico e compositor de recoñecemento internacional, propoñía un enfoque máis contemporáneo.

Antía Couto (piano), Alexey Leon (saxo) e Paco Liván (poemas) combinan estas dúas visións tan diferentes do mesmo xénero nun concerto para o que elixiron as obras máis representativas desta música que hoxe se considera universal.

Podémolo gozar en Vitruvia este próximo xoves día 20 ás 21:00. Reservas: 645996690.

Entradas a 12€ (primeiras filas) ou 6€ (zona de visibilidade reducida)

Máis

Hora

(Xoves) 21:00(GMT+02:00)

Localización

Vitruvia Café

Praza de Compostela, 5, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events