REVISTA ABRIL

O surrealismo de Saramago no cinema: 'José y Pilar'

05nov19:30O surrealismo de Saramago no cinema: 'José y Pilar'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30(GMT+01:00) MARCO

Detalles do eventos

O 5 de novembro, o ciclo de cinema de Saramago mostra a película máis íntima e persoal, o documental ‘José y Pilar’ (2010), de Miguel Gonçalves Mendes. A película acompaña a vida do escritor e a súa muller Pilar do Río na súa casa de Lanzarote. O ritmo de traballo, o pensamento de Saramago e a súa acción política están presentes en está emotiva película.

O invitado desa noite será o escritor e director xeral da editorial Galaxia, Francisdo Castro.

SINOPSE
Historia da relación entre o Premio Nobel de literatura José Saramago (1922-2010) e a súa esposa, a xornalista española Pilar do Río. Retrata a súa vida cotiá en Lanzarote e Lisboa, na súa casa e nas súas viaxes por todo o mundo, durante o últimos catro anos de vida do escritor portugués.

Máis

Hora

(Sábado) 19:30(GMT+01:00)

Localización

MARCO

Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events