VIALIA
bannerPicnicSesions

O surrealismo de Saramago no cinema: 'Enemy'

25out19:30O surrealismo de Saramago no cinema: 'Enemy'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30(GMT+02:00) MARCO

Detalles do eventos

Co título ‘O surrealismo no cinema de Saramago’, celébrase o centenario do escritor portugués en Vigo. A mostra forma parte do programa do VII Congreso Internacional José Saramago ‘A herdanza filosófica e sociopolítica de José Saramago’, presentaranse 3 longametraxes, 1 documental e 7 curtametraxes, de varios realizadores de diferentes nacionalidades, inspirados na obra e na vida do Nobel portugués. Existen moitas adaptacións dos romances de Saramago ao cinema. Esta será unha selección coas longametraxes máis destacadas e tamén cunha insólita sesión de curtametraxes.

Do 25 de outubro ao 19 de novembro, estas sesións de cinema estarán precedidas pola presentación de diferentes personalidades convidadas do ámbito do cinema e a cultura que comentarán as obras. O Ciclo de Cinema está comisariado por Abella Producións e terá lugar no MARCO.

Na primeira sesión, do martes 25 de outubro ás 19:30 h, proxectarase a película ‘Enemy’ (2013), de Denis Villeneuve. Adaptación cinematográfica da novela homónima de Saramago, a película conta coa interpretación de figuras tan coñecidas como Jake Gyllenhaal, Mélanie Laurent, Sarah Gadon e Isabella Rossellini. Amplamente premiada en Canadá e España, foi gañadora de cinco premios, incluído o de mellor director, nos Canadian Screen Awards.

Para conversar sobre a película, contaremos coa presenza de Javier Trigales. Guionista e crítico de cinema (con traballos para Globomedia, La Dalia Films, Shine Iberia, Eye lice Pictures e Bambú Producións), Javier Trigales é tamén profesor de audiovisuais en varias escolas, museos e centros culturais.

SINOPSE
Adam (Gyllenhaal) é un afable profesor de historia que leva unha vida bastante monótona. Un día, vendo unha película, descobre a un actor que é idéntico a el. Obsesionado coa idea de ter un dobre, a procura dese home terá para el consecuencias inesperadas.

Máis

Hora

(Martes) 19:30(GMT+02:00)

Localización

MARCO

Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events