
04mar20:00O´ PénduloESPECTÁCULOS | 10,00€20:00 Auditorio Municipal do Concello
Detalles do eventos
Compañía: Inversa Teatro (en co-produción co Centro Dramático Galego, a MIT de Ribadavia e a Area da Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra)
O´ Péndulo
Compañía: Inversa Teatro
(en co-produción co Centro Dramático Galego, a MIT de Ribadavia e a Area da Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra)
Unha obra de teatro-documento que nos amosa como se desenvolveu a sublevación militar de 1936 e o inicio da Guerra Civil en Galicia. Este achegamento á nosa historia colectiva faise desde o persoal. Marta Pérez, co-dramaturga e actriz,
trasládanos a experiencia do seu bisavó, Tirso Gómez Freijido, natural de Ribadavia e residente na Cañiza. Membro do Partido Socialista Galego, republicano e presidente da Casa do Pobo da vila. Tirso foi apresado e fusilado no ano 1936
no Castro de Vigo, xunto cos seus camaradas Justo Moure, Jesús Pérez e Antonio Mojón. Xunto con eles foi apresada tamén María Gómez, alcaldesa da Cañiza, pertencente a Esquerda Republicana, a única muller que exerceu ese
cargo en Galicia durante a Segunda República. Esta última conseguiu salvarse do fusilamento no último momento, alegando un falso embarazo. Foi condenada a cadea perpetua e rematou vivindo en Lugo coa anarquista Urania Mella.
Duración: 70 minutos
Entrada única: 10€
Máis

(Venres) 20:00
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra