Este é un evento repetitivo13 decembro, 2024 20:30
Kinky Boots
14dec20:30Kinky BootsESPECTÁCULOS | Desde 43,50 €20:30(GMT+01:00) Mar de Vigo
Detalles do eventos
O Auditorio Mar de Vigo será o único escenario galego en acoller o fenómeno musical Kinky Boots, que aterrará os días 13 e 14 de
Detalles do eventos
O Auditorio Mar de Vigo será o único escenario galego en acoller o fenómeno musical Kinky Boots, que aterrará os días 13 e 14 de decembro con tres funcións exclusivas. Procedente dos escenarios máis prestixiosos do mundo, desde a súa estrea en Broadway en 2013 ata exitosas producións en Londres, América Latina, Australia e Xapón, esta nova adaptación chega de novo a España da man de Theatre Properties en coproducción con Rimas Europe en colaboración co grupo Eventix.
Kinky Boots non é só un musical; é un fenómeno cultural. Gañador de 6 premios Tony, incluído Mellor Musical, e nomeado a 13 categorías, tamén obtivo un Grammy ao Mellor Álbum de Teatro Musical, consolidándose como un dos títulos máis relevantes da última década. Con música da lendaria Cyndi Lauper e un libreto de Harvey Fierstein, a obra combina humor, emoción e mensaxes universais sobre a aceptación e a diversidade.
A historia inspírase en feitos reais, relatando a inesperada viaxe de Charlie Price, un mozo que atopa en Lola, unha drag queen chea de creatividade, e a inspiración para salvar a fábrica de calzado da súa familia. Xuntos, deseñan unha liña de botas espectaculares que desafían os estereotipos e transforman as súas vidas.
A posta en escena desta produción eleva o espectáculo a un nivel superior: 170 cambios de vestiario, 70 pares de botas icónicas e coreografías cheas de enerxía que encherán cada recuncho do auditorio. A dirección musical, o coidado no deseño dos detalles e a potencia do elenco fan destas funcións en Vigo unha experiencia irrepetible.
As entradas para as tres funcións de Kinky Boots no Auditorio Mar de Vigo o venres ás 20:30 h e o sábado ás 17:00 e ás 20:30 h pódense adquirir través de www.teuticket.com.
Máis
Hora
14 decembro, 2024 20:30(GMT+01:00)
Séguenos nas redes