REVISTA OUTUBRO

Os Merdeiros

25feb19:00Os MerdeirosAS NOSAS FESTAS | De balde19:00(GMT+01:00) Casco Vello

Detalles do eventos

Achégase o entroido e con el, o Merdeiro. Como xa é tradición a Asociación o Merdeiro sairá polas rúas da zona vella da cidade o venres, domingo e martes de entroido.

O merdeiro é un personaxe do entroido vigués de caracter popular que remitiu nos anos 20 do século XX por medio de ordenanzas municipais que sen mentalos atacaban a súa figura. Recentemente a súa figura está a ser reivindicada de novo por diferentes asociacións. A súa orixe atópase no Berbés, como unha forma de escarnio da xente do mar aos labregos de extrarradio, que ían á ribeira a buscar os restos de peixe, chamado escabiche. Procuraban ridiculizar aqueles elementos do traxe e aparellos de faena máis representativos dos traballadores do campo, esaxerando o seu comportamento ante a sociedade.

Venres 25 de febreiro polo serán
Domingo 27 de febreiro pola mañá e tarde
Martes 1 de marzo pola mañá e tarde

Máis

Hora

25 febreiro, 2022 19:00(GMT+02:00)

Localización

Casco Vello

Casco Vello, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events