COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

O Mercado Reciclado celebra unha edición de 'tardeo'

04mai17:0022:00O Mercado Reciclado celebra unha edición de 'tardeo'FESTIVAIS E FEIRAS | De balde17:00 - 22:00(GMT+02:00) Simia Espacio

Detalles do eventos

O sábado 4 de maio volve a Simia o Mercado Reciclado cunha edición de tarde, de 17:00 a 22:00. Haberá un mercado con produtos de segunda man, upcycling e vintage con almahippielove @manos_creadoras21 @en_canelas @ofaiado32 @ascrebasvintage @lecarminvintage @delreves77 @valenta_rincon_artesano @supay_joyeria @felicettagualtieri.

Como sempre, na entreplanta atoparemos a zona de troco, onde intercambiar tres prendas en bo estado por outras tres.

Tamén haberá unha zona de intervención, onde darlle unha nova vida a unha prenda en desuso a través de selos, pintura téxtil e demais técnicas.

Tampouco faltará a música en directo nin a comida vegana.

Programa:

17:00h INICIO 
17:30h Dj Set @el_giradiscos 
20:00h Banda en acústico @marquezz.alejandro @guajava @daviz.ultra.plus.vigo 
22:00h CIERRE DEL EVENTO 

Co Mercado Reciclado Felicetta retoma ese espíritu co que comezou o seu negocio. “Nun inicio non ía ser un evento periodico, pero a xente mo pediu”, conta Gualtieri. Nesta feira mensual encontramos prendas de segunda man, xoias artesás e marcas que, como ela, practican a suprerreciclaxe textil. “Creo que os mercados son imprescindibles para as pequenas marcas e tamén un punto de encontro para non sentirnos tan soas”. Engade que as veces o importante non é vender moito na propia feira, pero si darse a coñecer.

Máis

Hora

4 maio, 2024 17:00 - 22:00(GMT+02:00)

Localización

Simia Espacio

Rúa de Alfonso XIII, 9 Vigo, Pontevedra

Other Events