VIALIA
bannerPicnicSesions

O mellor da gastronomía viguesa únese en favor de Bicos de Papel

17nov19:30O mellor da gastronomía viguesa únese en favor de Bicos de PapelGASTRO | 100€19:30(GMT+01:00) Sede Afundación

Detalles do eventos

A Asociación Vigo Gastronómico organiza este xoves 17, a súa primeira Gala Solidaria. Este ano, todos os beneficios recadados irán destinados a Asociación Bicos de Papel, que desde o 2017 traballa en favor dos nenos e nenas diagonosticados con cancro e as súas familias.

Trátase dun evento de cociña en directo, no que se degustarán oito pratos cociñados por todos os establecementos que compoñen o grupo Vigo Gastronómico, maridados polos seus sumilleres e coa mellor coctelería da cidade. Durante o evento haberá sorteos de ceas para dúas persoas en cada un dos restaurantes que forman Vigo gastronómico e puxas.

Os restaurantes participantes son: La Carpintería, Lume de Carozo, La Pintxoteca, María Manuela, Mijo, Trepia, O Croque, La Contenta, Niño Corvo e Living.

As entradas están dispoñibles a través de Ataquilla.com

Xoves 17 ás 19:30h

Máis

Hora

(Xoves) 19:30(GMT+01:00)

Localización

Sede Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 24-26, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events