
14nov20:30O mel non caducaESPECTÁCULOS | 8,00€20:30 Auditorio Municipal do Concello
Detalles do eventos
Espectáculo biodegradable e concibido a partir dun proceso de creación colectiva, arredor da relación do ser humano cos obxectos, da degradación ecolóxica do planeta por mor da perversa
O mel non caduca
Espectáculo biodegradable e concibido a partir dun proceso de creación colectiva, arredor da relación do ser humano cos obxectos, da degradación ecolóxica do planeta por mor da perversa lóxica consumista do capitalismo e da obsolescencia programada, tanto dos produtos como das persoas. Dous científicos/apicultores, en 2173, levan a cabo sofisticados e absurdos experimentos, nun contexto de futuro distópico no que o planeta está arrasado. Dous irmáns volven á casa familiar na aldea pola morte da súa nai. O conflito aflora cando deben xestionar as pertenzas familiares. Estas dúas tramas compleméntanse con outros textos e escenas xestuais nun espectáculo aberto que nos leva do realismo ao onírico.
Máis

(Sábado) 20:30
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra