COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

Humus Film Festival

08xuñ19:00Humus Film FestivalFESTIVAIS E FEIRAS | De balde19:00(GMT+02:00) MARCO

Detalles do eventos

Humus Revolution é o primeiro festival sobre horta e cidade promovido por La Casa Encendida e a rede de hortos urbanos comunitarios de Madrid. Este mes chega a Vigo, onde poderemos ver as curtas participantes todos os sábados e domingos de xuño proxectadas en bucle. Este sábado 8 ás 19:00 preséntase o festival da man de Alberto Peralta e Fran Quiroga.

O Humus Film Fest é un festival internacional de curtametraxes de temática ambiental centrado nas pezas audiovisuais que mostren, desde a ficción ou a realidade, experiencias de agroecología, hortos urbanos, conexións entre o campo e a cidade ou novas ruralidades. O festival aspira a dar cabida tanto aos creadores máis profesionais como aos máis amateurs, co obxectivo de ampliar as miradas sobre as conexións entre estes dous ecosistemas, o campo e a cidade. Busca historias que conten estas relacións desde o humor, a poesía, o surrealismo ou a cotiandade Os participantes contan con catro minutos e medio para contar unha historia que conecte estes dous ecosistemas a través de 5 categorías.

Estas son as curtas que poderás ver no Marco cada sábado e domingo de xuño

-Vegano de Minecraft, de Daniel Cervantes
-Lo que dura, de Natalia Quiroga
-Despachos, de Malú Cayetano y Daniel Tornero
-Homenaje a un rebelde, de Patxi Uriz Domezáin

-Compost , una historia de amor. de Raul Urquiaga
-Albacete , 2137. de Los Hermanos Kalabazov
-Das Grúnen nach oben (Lo verde para arriba). de Martin abelmann
-Mi planta de ají amarillo. de Natalia PiloPais

-Oh lá lá: vaya marrón, de Esta es una plaza
-Ás 20: 30 hrs. de Carmen Granxeiro
-Help Yourself. de Laura Palau
-Lechuga. de Diana Torres

-Claudio. de Rebeca Alemany Palau
-De Madrid al pueblo, de Los Hermanos Kalabazov
-La mora violeta. de Cornelia Zollner y Martín Carril
-El Exhortista. de Ciudad Huerto

HORARIOS NO MARCO:
Sábado 8 xuño ás 19h
– apertura e presentación con  Alberto Peralta e Fran Quiroga  + proxección curtametraxes

A partir do domingo 9:
Proxección en continuidade cada SÁBADO e DOMINGO de XUÑO durante o horario de apertura do museo:
Sábados de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00
Domingos de 11.00 a 14.30

Máis

Hora

8 xuño, 2024 19:00(GMT+02:00)

Localización

MARCO

Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events