O Galo do Vento despídese cun concerto de Heroínas e Jam Session
Detalles do eventos
O mítico local vigués Galo do Vento, situado na céntrica rúa de San Vicente e famoso polas súas jam sessions e micros abertos pecha definitivamente as súas portas
Detalles do eventos
O mítico local vigués Galo do Vento, situado na céntrica rúa de San Vicente e famoso polas súas jam sessions e micros abertos pecha definitivamente as súas portas esta semana. Despois de intentar saír da mala situación a través dun crowdfunding a finais deste varán, o seu dono Armando Gomez, anuncia en redes que debe despedirse do local.
A despedida contará con concerto de Heroinas, seguido dunha jam session, como é costume no local do casco vello. A entrada é libre a partir das 20h.
A banda Heroinas está formada por Beatrize, Coral (excantante de Aerolíneas Federales, Linda Lamarr (Pussycats, Tumbitas, Duques de Monterrey) e Indy Tumbita (Joao Tomba, Voodoo Bandits). Un cuarteto inspirado en bandas como The Velvet Underground, Burning, Jesus and Mary Chain o Marianne Faithful con letras reivinticativas e barriobajeras.
Máis
Hora
15 xaneiro, 2022 20:00(GMT+01:00)
Localización
O Galo do Vento
Rúa San Vicente, 10, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualdecembro
Séguenos nas redes