REVISTA ABRIL

Caspervek: 'O Gabinete do Doutor Caligari'

11mar19:00Caspervek: 'O Gabinete do Doutor Caligari'ESPECTÁCULOS | 11,32€19:00(GMT+01:00) MUTA

Detalles do eventos

Caspervek, agrupación dedicada a musicar películas de cinema mudo en directo ofrece o vindeiro sábado 11 de marzo un cinema-concerto na sala viguesa MUTA (Rúa Joaquín Loriga, 9) cunha das grandes obras mestras do cinema clásico: ‘O Gabinete do Doutor Caligari’. O filme de Robert Wiene, ademáis de ser unha das grandes iconas do cinema mudo, está considerado como unha das primeiras mostras do Expresionismo alemán e  un antecesor do cinema policíaco e do thriller.

Caspervek contará para esta ocasión con tres invitados de auténtico luxo. Ademáis dos habituais integrandes da formación (Brais González ao piano e Blas Castañer á percusión), ao escenario de MUTA acudirán Mario Peris, profesor de violín do Conservatorio Superior de Música de Vigo, Virginia Lis, profesora de clarinete do Conservatorio Profesional de Música de Vigo e Millán Abeledo, chelista da Real Filharmonía de Galicia. Os cinco interpretarán a Banda Sonora Orixinal composta por Brais González no ano 2021. Tras a proxección, o propio compositor compartirá un coloquio aberto a todos os asistentes xunto a Juan de Castro, director de Abella Producións, o actor Jorge de Arcos e o fotógrafo Blas González no que abordarán distintos aspectos artísticos, sociais e estéticos do filme.

Sábado 11 ás 19h no espazo MUTA.

Entradas á venta.

Máis

Hora

(Sábado) 19:00(GMT+01:00)

Localización

MUTA

Rúa de Joaquín Loriga, 9, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events