REVISTA ABRIL

O futuro do teu fillo é hoxe

08xuñ19:00O futuro do teu fillo é hoxePEQUERRECHOS | De balde19:00(GMT+02:00) Círculo de Empresarios de Galicia

Detalles do eventos

‘Edúcao pensando nas habilidades imprescindibles para a vida’ – Presentación Curso Escolar Eleven School Montessori British Education

Pecha os ollos e pensa por un intre en como che gustaría que fose o teu fill@ ou que características tivera desenvolvidas para dentro de 10,15 ou 20 anos, xa como adulto. Seguro que o primeiro que che ven a mente é a expresión “Que sexa feliz”! Isto é o desexo universal que tódolos pais e nais desexamos para os nosos fill@s! Pero é posible que tamén penses noutras cualidades como poden ser que sexan responsables, autónomos, honestos, asertivos, resilientes, xenerosos, independentes, etc.
Somos conscientes de que estas características non se adquiren por arte de maxia e que a maior parte dos modelos educativos enfócanse soamente na adquisición de coñecementos, pero non se centran tanto no desenvolvemento integral e holístico das habilidades nas que o nen@ é o centro.
Por elo, nesta xornada reflexiónase sobre que cualidades serán imprescindibles para o futuro persoal e profesional dos nosos fill@s, e preséntase como conseguir que as desenvolvan desde a súa mais tenra infancia, capacitándoos e garantindo o seu futuro. É moi importante que sexamos conscientes da nova realidade que lles vai tocar vivir e da nosa responsabilidade en como criamos e os preparamos para o futuro que ven.
Se desexas un futuro brillante para eles, empeza por entender que todo o que fagas hoxe vai a moldear o seu futuro e por elo este evento é para ti.

Esperámoste!!

Mércores, 8 de 19 a 21h
Círculo de Empresarios de Galicia
Evento gratuíto pero é necesaria inscrición nesta ligazón

Máis

Hora

(Mércores) 19:00(GMT+02:00)

Localización

Círculo de Empresarios de Galicia

Rúa de García Barbón, 62, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events