REVISTA ABRIL

O feminismo intrínseco da expresión poética de Luz Pozo Garza

19out19:00O feminismo intrínseco da expresión poética de Luz Pozo GarzaACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+02:00) Biblioteca Juan Compañel

Detalles do eventos

Luz Pozo Garza viviu moi de preto o nacemento e desenvolvemento do feminismo, colaborando como escritora en varios órganos de expresión e activismo galego. A súa obra amosa ao longo do tempo a forza da muller e o camiño para acadar a dignidade como ser humano. É coñecida a proxección na poesía da propia biografía de Luz Pozo Garza, muller de carácter indómito e independente, que tiña o amor como bandeira. Pode dicirse que a expresión poética foi para ela o reino da liberdade, nunha sociedade na que atopou moitas veces atrancos e cadeas. Verase a recreación que leva a cabo da figura de Medea nun poema dramático de 2003, para coñecer de preto como encara a interpretación dun mito con final terrible.

Máis

Hora

(Mércores) 19:00(GMT+02:00)

Localización

Biblioteca Juan Compañel

Rúa Joaquín Yáñez, 6, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events