bannerVIALIA
bannerGFFF

24set19:00O ESTRAÑO CASO DO DENTISTA DA RÚA BRASOVESPECTÁCULOS | De balde19:00 Príncipe

O ESTRAÑO CASO DO DENTISTA DA RÚA BRASOV

Espectáculo da programación de Vigocultura. Guía completa con datas, espectáculos, abonos e sinopses aquí.

Entradas e abonos en Giglon e Libraría Librouro

VENRES 23 E SÁBADO 24 DE SETEMBRO · 19 HORAS – O ESTRAÑO CASO DO DENTISTA DA RÚA BRASOV – Troula Animación

Autoría, dirección, deseño de son e música: Diego Roca
Vestiario: Rosa Fernández
Elenco artístico: Diego Roca

Corría o ano 1913 cando naceu o noso protagonista nunha pequena aldea dos Cárpatos. Era unha noite de inverno e un precioso neno nacía, pero non era un bebé normal, era o primeiro bebé do mundo con dentes. A partir daquel día todo sería diferente, o noso personaxe xa desde moi pequeno tiña unha curiosa fixación polos dentes.

As súas primeiras palabras foron dente, endodoncia, empaste. Con só tres anos cáeselle o seu primeiro dente. Aquela mesma noite meteu o seu dente debaixo da almofada agardando a chegada do Rato Pérez, a Fada dos dentes ou calquera outro ser máxico que puidera realizar o seu soño, era a ilusión da súa vida, ver que regalo tería aquela noite. Non ía durmir. Pero algo inesperado cambiaría o rumbo dos acontecementos…

Esta é a historia dun dentista dos Cárpatos ambulante, que percorre co seu carromato as vilas na procura de pacientes para a súa consulta; a través de xiros inesperados da historia e utilizando diferentes técnicas (clown, música en directo, maxia, monicreques…) coñeceremos o seu curioso pasado e descubriranos unha nova historia totalmente inesperada, cun final sorprendente.

Máis

Hora

(Sábado) 19:00

Localización

Príncipe

Rúa do Príncipe 36202 Vigo Pontevedra

X