Concurso de Corda
Detalles do eventos
Do mércores 4 ao domingo 8 de decembro o Auditorio Martín Codax do Conservatorio Superior de Música, situado no Castro, volve acoller o Concurso de
Detalles do eventos
Do mércores 4 ao domingo 8 de decembro o Auditorio Martín Codax do Conservatorio Superior de Música, situado no Castro, volve acoller o Concurso de Corda Cidade de Vigo organizado pola Asociación Galega de Instrumentos de Corda (AGIC). Fundada na cidade da oliva, esta asociación traballa co obxectivo principal de fomentar, cultivar e impulsar o estudo e o ensino da música de corda en Galicia.
Oitenta e tres músicos menores de 24 anos, procedentes de España e Portugal, participan con violíns, violas, violonchelos e contrabaixos na décimo terceira edición dun concurso que xa é un punto de encontro obrigatorio no panorama ibérico. Todas as probas son de acceso libre e abertas ao público, incluído o concerto final cos gañadores de cada categoría. Mediante este evento anual, a AGIC busca achegar a música clásica ao público galego, fomentar a inserción de novos intérpretes no panorama cultural e promover as relacións institucionais neste eido.
Divididas en catro categorías segundo a idade, as probas constan de dúas fases: eliminatoria e final; a esta rolda definitiva só acceden tres concursantes por cada franxa de idade. Na compaña dun pianista e sen partitura, os intérpretes deben tocar en directo un tema previamente escollido por eles mesmos e que non pode superar, dependendo da categoría, os 15 ou 20 minutos de duración. Ao longo das diferentes edicións, o certame contou cun xurado composto por músicos de prestixio que desenvolveron as súas carreiras en España e Portugal. Este selecto grupo de profesionais quen pasa as eliminatorias e quen gaña en casa unha das categorías, con premios que suman un total de 2.400 euros.
Datas e horas: mércores 4 a domingo 8 de decembro
Lugar: Auditorio Martín Codax do Conservatorio Superior de Música
Prezo: gratis
Máis
Hora
4 decembro, 2024 - 8 decembro, 2024 (Todo o día)(GMT+01:00)
Localización
Conservatorio Superior (O Castro)
Calle de Manuel Olivie, 23, 36203 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes