
Detalles do eventos
Presentación de O cemiterio de barcos, o novo libro de Francisco Castro. Estará acompañado por Carmela Silva e Pedro Feijoo. Unha novela de iniciación,
Detalles do eventos
Presentación de O cemiterio de barcos, o novo libro de Francisco Castro. Estará acompañado por Carmela Silva e Pedro Feijoo.
Unha novela de iniciación, aventuras e misterio que atrapará a lectores de todas as idades.
David lembra moi ben canto gozaba das vacacións de verán na vila natal do seu pai, cando era neno. Agora ten dezaseis anos e todo é distinto: foi un curso difícil no instituto e nada lle apetece menos que volver á vila de sempre para aburrirse unha vez máis, por moito que o seu pai insista en animalo.
Pero así como chega coñecerá a Lucía, unha rapaza que vén de saír dunha relación tóxica e violenta, e xorde entre eles unha complicidade case instantánea. Xuntos descubrirán un segredo soterrado na vila dende hai décadas para así desvelar unha rede corrupta que ameaza con estragar os recursos e o equilibrio da vila e os seus habitantes.
O cemiterio de barcos é unha novela sobre a dignidade e fronte a calquera clase de abuso, e unha alegación en contra da violencia machista.
Máis
Hora
8 outubro, 2021 20:00(GMT+02:00)
Localización
Sede da Deputación de Pontevedra
Rúa Chao, 17, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualmaio
- Mes actual