VIALIA
bannerPicnicSesions

'O cemiterio de barcos' de Francisco Castro

08out20:00'O cemiterio de barcos' de Francisco CastroACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+02:00) Sede da Deputación de Pontevedra

Detalles do eventos

Presentación de O cemiterio de barcos, o novo libro de Francisco Castro. Estará acompañado por Carmela Silva e Pedro Feijoo.

Unha novela de iniciación, aventuras e misterio que atrapará a lectores de todas as idades.

David lembra moi ben canto gozaba das vacacións de verán na vila natal do seu pai, cando era neno. Agora ten dezaseis anos e todo é distinto: foi un curso difícil no instituto e nada lle apetece menos que volver á vila de sempre para aburrirse unha vez máis, por moito que o seu pai insista en animalo.

Pero así como chega coñecerá a Lucía, unha rapaza que vén de saír dunha relación tóxica e violenta, e xorde entre eles unha complicidade case instantánea. Xuntos descubrirán un segredo soterrado na vila dende hai décadas para así desvelar unha rede corrupta que ameaza con estragar os recursos e o equilibrio da vila e os seus habitantes.

O cemiterio de barcos é unha novela sobre a dignidade e fronte a calquera clase de abuso, e unha alegación en contra da violencia machista.

Máis

Hora

(Venres) 20:00(GMT+02:00)

Localización

Sede da Deputación de Pontevedra

Rúa Chao, 17, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events