KIKIMORENTE

O Casco Vello estrea un novo concurso de tapas: La Pica

07mar(mar 7)13:0025(mar 25)23:30O Casco Vello estrea un novo concurso de tapas: La PicaGASTRO | Desde 4,00 €13:00 - 23:30 (25)(GMT+01:00) Casco Vello

Detalles do eventos

O Casco Vello estrea novo concurso de petiscos, La Pica, organizado pola Asociación de hostelería do Casco Vello. Celebrarase do 7 ao 25 de marzo en doce locais da zona: A Mina, Costera MX, La Centralita, La Contenta, La Cuchillería, La Tapadera, Lume de Carozo, Paparrúa, Plateros, Trepia e Vaiche Boa.

Para votar precisas probar, mínimo, tres tapas en tres locais diferentes. O prezo de cada pincho é de 4 euros. Ao votar participas automaticamente no sorteo de varias ceas para dúas persoas en diferentes locais da zona antiga.

Haberá tres premios, cada un escollido por un xurado popular, veciñal e profesional.

Máis

Hora

7 marzo, 2025 13:00 - 25 marzo, 2025 23:30(GMT+01:00)

Localización

Casco Vello

Casco Vello, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events