
24feb19:00'Noriko y yo' David FernándezACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00 El Corte Inglés
Detalles do eventos
David Fernández presenta a súa última novela ‘Noriko y yo’ este venres 24 de febreiro ás 19.00h na librería (planta 5ª) do Corte Inglés. ‘Noriko
'Noriko y yo' David Fernández
David Fernández presenta a súa última novela ‘Noriko y yo’ este venres 24 de febreiro ás 19.00h na librería (planta 5ª) do Corte Inglés.
‘Noriko y yo’. Din que cando un está a piques de morrer, os recordos de toda unha vida sucédense ante os nosos ollos como imaxes fugaces. Pero mentres Leonardo se desangraba, só había de lembrar, e con total precisión, o seu último ano, no que verdadeiramente se sentiu vivo. Cansado da monotonía da súa gris existencia, aparecería Noriko para cambialo todo e poñer de patas para arriba o seu corazón. O amor volvería pintarse para el no horizonte, pero tamén as súas inevitables consecuencias.
Sobre o autor. Desde a súa infancia, lémbrase rodeado de libros e de palabras. A súa afección pola escritura comezou tamén a unha temperá idade, propiciada, quizais, por unha imaxinación desbordante e unha marcada sensibilidade que máis tarde lle conduciría a namorarse da poesía. Na adolescencia, presentouse a diversos concursos de relato curto e lírica, algúns propostos polos centros nos que estudaba e outros a nivel local. Comezou a carreira de Filosofía en Santiago de Compostela, pero, finalmente, titularíase como educador infantil. Todo isto sen deixar atrás o seu voraz ansia de lectura, como bo bibliófilo.
Venres 24 ás 19.00h.
Máis

(Venres) 19:00
El Corte Inglés
Av. da Gran Vía, 28, 36204 Vigo, Pontevedra