bannerViveNigran

Este é un evento repetitivo

27mai20:00'Nohorizontes' de Anómico teatroESPECTÁCULOS | 10,00€20:00 Teatro Ensalle

'Nohorizontes' de Anómico teatro

Unha posta en escena que narra o imparable avance dos nohorizontes que se levantan a partir da anulación doutros horizontes. Un texto que reivindica a paisaxe como sinónimo de existencia e supervivencia. Unhas accións que se resisten a ser submisas e a non comparecer #ante o terror dos nohorizontes, aqueles que constrúen simbólicamente a realidade mediante barreiras. Un imaxinario que se perde nas vivencias e na vontade de non esquecer, porque o esquecemento é o que desexan que desexemos para que non sigamos mirando por mirar, para que permanezamos #ante as pantallas tragando coa boca aberta todo o que nos boten.

Necesitamos a resistencia, si, a insubmisión, a covardía dos non combatentes que se pasan a vida contemplando a distancia e descubrindo os matices do horizonte, así sen máis, porque o horizonte nunca é o mesmo, porque o horizonte é a beleza que nos anima a seguir con vida, porque o horizonte é corazón e sempre nos devolve un sentimento novo e sen estrear, e unha esperanza. Si, necesitamos regresar á sinxeleza da auga que corre, as nubes que pasan, o vento que latexa libre. Necesitamos facer as paces coa contorna e retroceder, non xerar máis enerxía, non consumir máis esforzos. Necesitamos ser o que eramos, si, antes de tolear.

Máis

X