REVISTA ABRIL

No verán un conto: Xincana pola lingua

28xul20:00No verán un conto: Xincana pola linguaPEQUERRECHOS | De balde20:00(GMT+02:00) Praza de Independencia

Detalles do eventos

Nova programación de actividades para este novo “No verán… un conto” que en diferentes espazos do concello achega actividades para pasar un anaco de lecer gozando en familia.

Contadas, teatro de rúa, concertos, danzas, xincanas, obradoiros, xogos populares, regueifas… para compartir, participar, gozar… e garantirlle novas primaveras á lingua galega.

Tamén haberá actividade en lingua de signos.

XOVES 28 XULLO – XINCANA POLA LINGUA – CULTURACTIVA PRODUCIÓNS

A finalidade da actividade é a de fomentar o emprego da lingua galega concienciando do seu uso dende idades temperás e dar a coñecer os principais autores/as galegos e a súa relevancia na historia. Todo isto feito de forma lúdica e atractiva para as e os participantes. Durante a hora que dura a actividade as e os nenos terán que ir superando as diferentes probas da xincana.

Actividades para os menores de 6 anos (30 participantes) E para maiores de 7 anos (50 participantes)

Na praza da Independencia

Máis

Hora

(Xoves) 20:00(GMT+02:00)

Localización

Praza de Independencia

Plaza Independencia Praza da Independencia 36211 Vigo Pontevedra

Other Events