No verán un conto: Unhas lentes como as do avó

13xul20:00No verán un conto: Unhas lentes como as do avóPEQUERRECHOS | De balde20:00(GMT+02:00) Mercado do Calvario

Detalles do eventos

Nova programación de actividades para este novo “No verán… un conto” que en diferentes espazos do concello achega actividades para pasar un anaco de lecer gozando en familia.

Contadas, teatro de rúa, concertos, danzas, xincanas, obradoiros, xogos populares, regueifas… para compartir, participar, gozar… e garantirlle novas primaveras á lingua galega.

Tamén haberá actividade en lingua de signos.

MÉRCORES 13 DE XULLO – Unhas lentes como as do avó:

Tipo de actividade: narración oral inclusiva (tamén en lingua de signos)
Idade recomendada: + de 3 anos
No 2016 baixo o paraugas do Festival Atlántica xermola unha idea longamente acariciada entre Gema Santos (intérprete de signos) e Caxoto (narrador oral): Crear un espectáculo de contos onde a lingua de signos e a lingua oral convivisen de igual a igual enriba do escenario. Desta maneira nace o espectáculo “Unhas lentes como as do avó”. Nel as dúas linguas xogan e danzan a unha coa outra, mostrándose e escondéndose dando lugar a unha fermosa historia narrada e coreografiada que deleita por igual ao público xordo e ao público ouvinte.

Escollemos este espectáculo porque a parte de contar unha historia ensina aos asistentes a signar certas palabras. É un espectáculo
moi participativo.

Máis

Hora

(Mércores) 20:00(GMT+02:00)

Localización

Mercado do Calvario

Rúa de Urzáiz, 183, 36205 Vigo, Pontevedra

Other Events