
Detalles do eventos
Nova programación de actividades para este novo “No verán… un conto” que en diferentes espazos do concello achega actividades para pasar un anaco de lecer gozando en familia.
Detalles do eventos
Nova programación de actividades para este novo “No verán… un conto” que en diferentes espazos do concello achega actividades para pasar un anaco de lecer gozando en familia.
Contadas, teatro de rúa, concertos, danzas, xincanas, obradoiros, xogos populares, regueifas… para compartir, participar, gozar… e garantirlle novas primaveras á lingua galega.
Tamén haberá actividade en lingua de signos.
VENRES 15 DE XULLO – Unhas lentes como as do avó:
Tipo de actividade: narración oral inclusiva (tamén en lingua de signos)
Idade recomendada: + de 3 anos
No 2016 baixo o paraugas do Festival Atlántica xermola unha idea longamente acariciada entre Gema Santos (intérprete de signos) e Caxoto (narrador oral): Crear un espectáculo de contos onde a lingua de signos e a lingua oral convivisen de igual a igual enriba do escenario. Desta maneira nace o espectáculo “Unhas lentes como as do avó”. Nel as dúas linguas xogan e danzan a unha coa outra, mostrándose e escondéndose dando lugar a unha fermosa historia narrada e coreografiada que deleita por igual ao público xordo e ao público ouvinte.
Escollemos este espectáculo porque a parte de contar unha historia ensina aos asistentes a signar certas palabras. É un espectáculo moi participativo.
Na rúa das Teixugueiras, nos xardíns entre os números 8 e 10. Navia




Máis
Hora
15 xullo, 2022 20:00(GMT+02:00)
Localización
Navia
Rúa das Teixugueiras, 12-28 36212 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
- Mes actual