
Detalles do eventos
Nova programación de actividades para este novo “No verán… un conto” que en diferentes espazos do concello achega actividades para pasar un anaco de lecer gozando en familia.
Detalles do eventos
Nova programación de actividades para este novo “No verán… un conto” que en diferentes espazos do concello achega actividades para pasar un anaco de lecer gozando en familia.
Contadas, teatro de rúa, concertos, danzas, xincanas, obradoiros, xogos populares, regueifas… para compartir, participar, gozar… e garantirlle novas primaveras á lingua galega.
Tamén haberá actividade en lingua de signos.
VENRES 22 XULLO – OBRADOIRO DO CONTO MÁXICO – CULTURACTIVA PRODUCIÓNS
Obradoiro destinado a nenas e nenos ata 12 anos que ten como obxectivo principal sensibilizar na importancia do coidado do medio ambiente e dar a coñecer a biodiversidade dos bosques autóctonos galegos. A sesión ten unha duración de 90 minutos onde realizaremos un taboleiro borrable, no que poderán escribir e crear infinitas historias. A través do obradoiro, introducirémonos no fascinante mundo da mitoloxía existente entorno aos bosques galegos. Para a decoración do taboleiro utilizaremos elementos naturais como follas e froitos de diferentes árbores autóctonas. Por outra banda, as e os participantes crearán seres mitolóxicos galegos, entre os que poderemos atopar trasnos, meigas, maruxainas, cotovelos e moitos máis.
Obradoiro limitado a 25 prazas (por orde de chegada)
Na praza da Independencia




Máis
Hora
22 xullo, 2022 20:00(GMT+02:00)
Localización
Praza de Independencia
Plaza Independencia Praza da Independencia 36211 Vigo Pontevedra