VIALIA
bannerPicnicSesions

No verán un conto: Obradoiro do conto máxico

26xul20:00No verán un conto: Obradoiro do conto máxicoPEQUERRECHOS | De balde20:00(GMT+02:00) Praza da Miñoca

Detalles do eventos

Nova programación de actividades para este novo “No verán… un conto” que en diferentes espazos do concello achega actividades para pasar un anaco de lecer gozando en familia.

Contadas, teatro de rúa, concertos, danzas, xincanas, obradoiros, xogos populares, regueifas… para compartir, participar, gozar… e garantirlle novas primaveras á lingua galega.

Tamén haberá actividade en lingua de signos.

MARTES 26 XULLO – OBRADOIRO DO CONTO MÁXICO – CULTURACTIVA PRODUCIÓNS

Obradoiro destinado a nenas e nenos ata 12 anos que ten como obxectivo principal sensibilizar na importancia do coidado do medio ambiente e dar a coñecer a biodiversidade dos bosques autóctonos galegos. A sesión ten unha duración de 90 minutos onde realizaremos un taboleiro borrable, no que poderán escribir e crear infinitas historias. A través do obradoiro, introducirémonos no fascinante mundo da mitoloxía existente entorno aos bosques galegos. Para a decoración do taboleiro utilizaremos elementos naturais como follas e froitos de diferentes árbores autóctonas. Por outra banda, as e os participantes crearán seres mitolóxicos galegos, entre os que poderemos atopar trasnos, meigas, maruxainas, cotovelos e moitos máis.

Obradoiro limitado a 25 prazas (por orde de chegada)

Na praza da Miñoca

Máis

Hora

(Martes) 20:00(GMT+02:00)

Localización

Praza da Miñoca

Rúa Fotógrafo Xaime Pacheco, 24, 36209 Vigo, Pontevedra

Other Events