
05ago20:00No verán un conto: O pozo das señorasPEQUERRECHOS | De balde20:00 Praza de Independencia
Detalles do eventos
Nova programación de actividades para este novo “No verán… un conto” que en diferentes espazos do concello achega actividades para pasar un anaco de lecer gozando en familia.
No verán un conto: O pozo das señoras
Nova programación de actividades para este novo “No verán… un conto” que en diferentes espazos do concello achega actividades para pasar un anaco de lecer gozando en familia.
Contadas, teatro de rúa, concertos, danzas, xincanas, obradoiros, xogos populares, regueifas… para compartir, participar, gozar… e garantirlle novas primaveras á lingua galega.
Tamén haberá actividade en lingua de signos.
VENRES 5 AGOSTO – O pozo das señoras – Rilo & Penadique
Narración oral e música.
É un feixe de historias de recollida, tradicionais e de autor xunto con coplas tradicionais, romances e composicións propias. Con esta proposta queremos achegarnos ás mulleres do noso imaxinario, da nosa vida: lavandeiras da noite, lavandeiras de oficio e de sacrificio, pieiras que coidan dos lobos e bruxas cos dentes de ferro… Cun marcado compoñente de xénero, este espectáculo leva rodando dende 2017 por teatros, auditorios, casas da cultura, lavadoiros, fontes de todo o país.
E grazas a vós non paramos de recoller alegrías!
Na praza da Independencia




Máis

(Venres) 20:00
Praza de Independencia
Plaza Independencia Praza da Independencia 36211 Vigo Pontevedra