
Detalles do eventos
Nova programación de actividades para este novo “No verán… un conto” que en diferentes espazos do concello achega actividades para pasar un anaco de lecer gozando en familia.
No verán un conto: O debuxante de soños contra a mala sorte
Nova programación de actividades para este novo “No verán… un conto” que en diferentes espazos do concello achega actividades para pasar un anaco de lecer gozando en familia.
Contadas, teatro de rúa, concertos, danzas, xincanas, obradoiros, xogos populares, regueifas… para compartir, participar, gozar… e garantirlle novas primaveras á lingua galega.
Tamén haberá actividade en lingua de signos.
XOVES 28 XULLO – O debuxante de soños contra a mala sorte – Polo Correo do Vento
Duración: entre 50 – 60 minutos
A chegada dun home misterioso, que di ser debuxante de soños, ao pobo de Malchance cambiará para sempre o destino das e dos seus habitantes.
Na Alameda de Bouzas




Máis

(Xoves) 20:00
Alameda de Bouzas
Plaza Independencia Praza da Independencia 36211 Vigo Pontevedra