No verán un conto: Fazulas o ladrón de paraugas

11ago20:00No verán un conto: Fazulas o ladrón de paraugasPEQUERRECHOS | De balde20:00(GMT+02:00) Navia

Detalles do eventos

Nova programación de actividades para este novo “No verán… un conto” que en diferentes espazos do concello achega actividades para pasar un anaco de lecer gozando en familia.

Contadas, teatro de rúa, concertos, danzas, xincanas, obradoiros, xogos populares, regueifas… para compartir, participar, gozar… e garantirlle novas primaveras á lingua galega.

Tamén haberá actividade en lingua de signos.

XOVES 11 AGOSTO – Fazulas o ladrón de paraugas – Bandullo azul

Fazulas e o ladrón de paraugas é o espectáculo do exitoso libro de Xosé Lueiro, xa pola terceira edición tras un ano dende a súa estrea. O espectáculo conta a viaxe iniciada por Fazulas, o gato persa de dona Adelaida, na súa teima por saber de que cor é o vento. Para dar resposta a ese misterio, emprenderá unha fantástica aventura, collido á empuñadura dun paraugas. Unha peza baseada no libro do mesmo nome, que trata de sensibilizar á cativada sobre temas como a violencia machista ou os conflitos bélicos. Xosé Lueiro na escrita e creación e Fran Campos poñen en marcha un apaixonante e fermoso espectáculo cunha importante base de lectores xa creada grazas ao éxito do libro.

Na rúa das Teixugueiras, nos xardíns entre os números 8 e 10. Navia

Máis

Hora

11 agosto, 2022 20:00(GMT+02:00)

Localización

Navia

Rúa das Teixugueiras, 12-28 36212 Vigo, Pontevedra

Other Events