REVISTA ABRIL

No verán un conto: Contos do Animalario

10ago20:00No verán un conto: Contos do AnimalarioPEQUERRECHOS | De balde20:00(GMT+02:00) Navia

Detalles do eventos

Nova programación de actividades para este novo “No verán… un conto” que en diferentes espazos do concello achega actividades para pasar un anaco de lecer gozando en familia.

Contadas, teatro de rúa, concertos, danzas, xincanas, obradoiros, xogos populares, regueifas… para compartir, participar, gozar… e garantirlle novas primaveras á lingua galega.

Tamén haberá actividade en lingua de signos.

XOVES 18 AGOSTO – Contos do Animalario – Vero Rilo

Actividade: narración oral

Temática: medio ambiente
Idade recomendada: entre 2 e 6 anos
Duración: 40 minutos

“Unha viaxe polos montes, prados e camiños máis verdes que se podenver, chea de encontros cos animais máis maravillosos: toupas choscas, chivos enormes e ogros torpes, pombas doces e dragóns atroces, bechos estranos, cabalos azuis e cantigas de fai anos e non tantos”.

Así define Vero Rilo, este espectáculo no que as palabras roxen coma bestas, asubían como paxaros e corren coma gacelas. As verbas gañan volume de animais, de criaturas, de seres misteriosos, de feras asombrosas. Recrean así unha fauna única que viaxa polo aire grazas á voz e á música de Daboapipa. Dende a gorxa dos artistas á fantasía dos rapaces, cada un dos animais que xorden destes Contos do Animalario estimularán a imaxinación dos máis cativos, que gozarán ao descubrir as mil e unha caras que poden ter os animais, reais ou fantásticos, voadores ou de terra, de catro ou máis patas. Daboapipa preséntalles a natureza animal doutro xeito, nun espectáculo dirixido a nenas e nenos de entre dous e seis anos, mais tamén apto para o resto da familia

Na rúa das Teixugueiras, entre os números 26 e 28. Navia

Máis

Hora

(Mércores) 20:00(GMT+02:00)

Localización

Navia

Rúa das Teixugueiras, 12-28 36212 Vigo, Pontevedra

Other Events