REVISTA ABRIL

NO SIN MIS HUESOS

20nov20:30NO SIN MIS HUESOSESPECTÁCULOS | 8,00€20:30(GMT+01:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

Nesta nova produción, Iron Skulls Co continúa desenvolvendo a súa máis que diverxente e ecléctica linguaxe do movemento. No seu interese pola enerxía negativa, a compañía incorpora na súa dramaturxia este detalle tan característico, aínda que neste traballo amose un estilo moi distinguido respecto a aquel de espectáculos previos. Cun crecente interese en conectar as ideas presentes do seu traballo coa historia e a cultura, a compañía explora o pasado para atopar unha historia singularmente ecléctica na herdanza mediterránea. A danza como elemento conciliador, como nexo e defensora de ideais. A danza Sufí, o Hava Nagila e a danza tradicional española, son medios a través dos que se revive o noso pasado e amosan o legado deixado polas culturas cristiás, árabes e xudías no mediterráneo. Co obxectivo de conectar o pasado histórico co presente, Iron Skulls Co enfoca o seu novo espectáculo entorno a unha variedade de estilos especialmente relevantes no século XXI. As danzas urbanas, xunto co contact impro e o Butoh fusiónanse en No Sin Mis Huesos para crear un espectáculo único que fai unha viaxe ao pasado para poder interpretar o presente. Inspirado no 400 aniversario da morte de Cervantes (1616), o espectáculo céntrase no contexto sociocultural do escritor. A compañía atopa a inspiración na grande diversidade de culturas que influíron a Cervantes, tanto como escritor, como soldado. O soldado non pode loitar e redirecciona a súa paixón na procura como escritor, sendo exem

Máis

Hora

(Venres) 20:30(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events