VIALIA
bannerPicnicSesions

…NO, AÚN NO…, de Yolanda Herranz

09mar(mar 9)10:0020set(set 20)14:30…NO, AÚN NO…, de Yolanda HerranzARTE E MUSEOS | De balde(marzo 9) 10:00 - (setembro 20) 14:30(GMT+01:00) Museo Marco

Detalles do eventos

Dispoñible ata o 20 de setembro.

Con …NO, AÚN NO…, de Yolanda Herranz, o MARCO dá visibilidade a unha artista máis ocupada en animar e facer posibles proxectos colectivos e presentacións de grupo ca en resaltar o seu traballo individual, dunha sorprendente coherencia. A proposta céntrase nas obras nas que xoga co sentido e forza dos conceptos, co poder da mensaxe, da intención. A palabra convértese en dimensión e enerxía escultórica. Arrinca coa serie “El mí y el tú”, do seu proxecto Distancias y abismos (2004-7), no que a rotundidade da mensaxe únese a unha refinada claridade visual: todo está pensado, medido.

Xunto a elas, a versión XVI de Destierros (proxecto aberto en 2003) evoca ausencias e reclama presenzas. Materiais e cores, aplicadas dun xeito uniforme, adquiren un carácter simbólico, insistindo no ton máxico do conxunto. A exposición prosegue con obras producidas para esta ocasión: SOMOS mujeres y ESTAMOS aquí parte dunha acción do mesmo título (realizada en 2015) na cal se recitan dúas series de 690 palabras que empezan por A, en feminino e plural, por orde alfabética, recollidas do dicionario da RAE, referidas unhas ao ser e outras ao estar das mulleres.

Esta obra dá paso ao traballo máis novidoso. Cando moitos seguen hoxe a vía social e reivindicativa, aberta no seu momento por artistas como Yolanda Herranz, ela céntrase na identidade persoal, cunha obra poética, íntima, drástica. El arte sana / El arte cura (Autorretratos) é a resposta da artista a unha situación persoal de extremo desacougo, cando percibe que o que quere desaparece: a arte sérvelle para formular preguntas que lle permiten entender ou polo menos convivir con esa realidade esquiva.

Catedrática de escultura na Facultade de Belas Artes de Pontevedra (Universidade de Vigo), a traxectoria artística de Yolanda Herranz (Barakaldo, Biscaia, 1957) comeza en 1979, compaxinando o traballo individual, en proxectos de clara reivindicación feminista, co colectivo, agrupando artistas coas que sente vínculos comúns. A exposición, producida polo MARCO, foi comisariada por Miguel Fernández-Cid e Pilar Souto Soto. Co gallo da mesma editarase unha publicación sobre a obra El arte sana / El arte cura (Autorretratos).

Horarios do museo:
Martes a sábados (festivos incluídos) de 11.00 a 14:30 e de 17:00 a 21:00
Domingos de 11.00 a 14:30

Máis

Hora

Marzo 9 (Luns) 10:00 - Setembro 20 (Domingo) 14:30(GMT+01:00)