NINJA

27nov18:00NINJAPEQUERRECHOS | 5,00€18:00(GMT+01:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

Espectáculo da programación de Vigocultura. Guía completa con datas, espectáculos, abonos e sinopses aquí.

Entradas e abonos en Giglon e Libraría Librouro

DOMINGO 27 DE NOVEMBRO · 18:00 HORAS – NINJA – Ghazafelhos

Xénero: teatro comedia
Autoría e dirección: Pepablo Patinho
Escenografía, deseño de son, deseño de iluminación, vestiario e música: Ghazafelhos
Elenco artístico: Montse Piñón, Jorge Casas e Pepablo Patinho

Amelia é unha nena do rural que vai á escola. Encántanlle a cultura oriental, o karate, o Kung Fu, o Jiu Jitsu, as pelis de Bruce Lee, Jackie Chan… e soña don ser Ninja!!! Adestra todos os días para pasar inadvertida e observar aos demais como unha auténtica Ninja… Grazas a esa condición descobre que no cole hai nenos e nenas que tamén queren pasar inadvertidos, pero non para ser Ninjas, senón, para que outros nenos e nenas non abusen deles. Coa axuda de Amelia e o señor Edelmiro, un velliño ao que Amelia acode a buscar consello, conseguirán que os nenos inadvertidos se fagan visíbeis e cambien as tornas na escola.
Ninja é unha obra lúdica e pedagóxica onde se trata o tema do acoso escolar. A través dunha historia divertida e chea de frases filosóficas sobre a tolerancia, o respecto, a diversidades, amosa o máis importante para resolver un problema:
visualizalo..

Máis

Hora

(Domingo) 18:00(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events