Nigrán celebra o único festival de blues da contorna con catro bandas
Detalles do eventos
O Concello de Nigrán estrea este verán o primeiro festival da comarca adicado íntegramente ao blues. Este terá lugar de xeito gratuito o sábado 17 de agosto a
Detalles do eventos
O Concello de Nigrán estrea este verán o primeiro festival da comarca adicado íntegramente ao blues. Este terá lugar de xeito gratuito o sábado 17 de agosto a partir das 19:00 horas no espazo deportivo municipal ‘Dunas de Gaifar (Panxón). Bautizado como ‘Nigrán Blues’.
Grupos
Javier Vargas atópase este ano presentando novo disco con xira internacional en Europa e América , e abrirá o festival en Nigrán coa VARGAS BLUES BAND, banda de blues de referencia en España e recoñecida internacionalmente. Vargas conta con 8 discos de platino, 27 álbums publicados desde 1991, incontables xiras internacionais e colaboracións con artistas lendarios como Chris Rea,Junior Wells,Sugar Blue,Larry McCray,Jack Bruce,Double Trouble ou Miguel Rios entre outros..
BUDDA POWER BLUES, un potente quinteto de Power Blues, quen se atopa de xira de festexos do seu 20 aniversario. Con 12 discos editados e organizadores do Festival de Blues de Braga, a banda portuguesa consolídase entre as mais importantes do xero no seu país.
CLAUDIO GABIS, desde Arxentina, repasará pezas craves dos seus 55 anos de carreira, na elite de guitarristas hispanos, xunto á banda Viguesa RED DUCK BLUES.
THE STUCKEYS MAI`S Q BAND , poñerán a cota autóctona no festival. Trátase de profesionais que levan toda unha vida participando en jams, e grupos de blues en cidades como Santiago de Compostela, Pontevedra, e Vigo. Un repertorio eléctrico, forte e tamén con acento galego.
E para que a música e o ambiente festivaleiro non teña tempos mortos, ‘Nigrán Blues’ contarà coa participacion do DJ CRISTIAN PENELAS, recoñecido DJ da comarca quen vén organizando festas electrónicas xa consolidadas en Vigo como The Afternoon Party en Island Club ou sesións de tardeo na Fundación Sales. Con elegante Funk electro, ao finalizar os concertos fará unha sesión moi bailable para pechar unha noite que promete ser inesquecible.
Para seguir sumando alegrías, o Festival NON se suspenderá en caso de choiva, porque nese caso realizaríase no Auditorio Municipal de Nigrán.
Máis
Hora
17 agosto, 2024 19:00(GMT+01:00)
Localización
Panxón
36340 Nigrán, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualnovembro
Séguenos nas redes