REVISTA ABRIL

NATANAM

20nov18:00NATANAMPEQUERRECHOS | 5,00€18:00(GMT+01:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

Espectáculo da programación de Vigocultura. Guía completa con datas, espectáculos, abonos e sinopses aquí.

Entradas e abonos en Giglon e Libraría Librouro

DOMINGO 20 DE NOVEMBRO · 18:00 HORAS – NATANAM – DA. TE Danza

Xénero: danza
Autoría: Omar Meza, Concha Villarubia e Lola Fernández de Sevilla
Dirección e coreografía: Omar Meza
Adaptación: Lola Fernández de Sevilla
Escenografía: DA.TE Danza
Deseño de son e música: Jesús Fernández e David Campodarve
Deseño de iluminación: Aitor Palomo
Vestiario: Laura León
Elenco artístico: Raúl Durán e Mª José Casado

Premio FETEN 2021 ao achegamento da danza á primeira infancia.

Cada persoa brilla con luz propia entre todas as demais. Dous amigos, dous cómplices atópanse nunha sala de xogos. Descobren que hai auga, lume, vento e terra ordenados e á súa enteira disposición. Unha sala de xogos pode ser unha praia, un deserto, o mar… E tamén… cando estamos sós, poden ser moitos mundos. Atopan moita terra, moita sal coa que debuxar no chan mentres cantan e reflexionan sobre a onde van as cousas que desaparecen. En realidade, nada desaparece, todo se transforma, coma os trazos que debuxan coa sal e as súas mans, da que xurde a danza. As cousas que desaparecen están agardándonos. Conversan sobre o mundo e as persoas, que son como lumes grandes, pequenos e de todas as cores. Dialogan coa palabra e tamén cos seus corpos no espacio. Natanam significa “danza” en sánscrito. E ese é o punto de partida: un espazo e un tempo de sensacións a partir da pureza da danza. Natanam é unha aprendizaxe do camiño cara á alegría que produce o desapego.

Máis

Hora

(Domingo) 18:00(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events