Portamerica
REVISTA MAIO

Este é un evento repetitivo

Nas ondas 2023: Son Erasmus

12abr20:00Nas ondas 2023: Son ErasmusCONCERTOS | De balde20:00(GMT+02:00) Auditorio Martín Códax

Detalles do eventos

O Conservatorio Superior de Música de Vigo volve dinamizar a vida cultura da cidade de Vigo cun intenso programa de intercambios con docentes visitantes de Albania, Bélxica, Bosnia, Croacia, Estonia, Francia, Hungría, Lituania,
Italia, Serbia, Montenegro, Estados Unidos, etc.
Máis de 30 docentes estranxeiros de diferentes especialidades, compartiron ao longo deste curso a súa experiencia docente cos alumnos do conservatorio vigués, ofrecendo recitais abertos ao público no Auditorio Martín Códax.

Entre o 12 e o 17 de ABRIL, terán lugar no Auditorio Martin Códax os seguintes concertos abertos ao público:

  • O mércores, 12 de abril ás 20h: DÚO VIOLIN E VIOLONCELO, a cargo de BELMA ALIC (cello) e MARKO SIMOVIC
    (violín), ambos os docentes na FACULTADE DE MÚSICA DA UNIVERSIDADE DE SARAIEVO (BOSNIA)
  • O xoves, 13 de abril ás 20h, docentes das Facultades de Música das Universidades Bosníaca e Montenegro
    ofrecerán outro recital: ARMIN SMRIKO (clarinete), DANIJEL CEROVIC (guitarra), VLADANA PEROVIC (piano) e NIKOLA MIJAJLOVIC
  • O luns día 17 de abril ás 20h, os pianistas OMER BLENTIC e ZLATAN BOZUKA da FACULTADE DE MÚSICA DA
    UNIVERSIDADE DE SARAIEVO (BOSNIA) ofrecerán igualmente outro recital.

Máis

Hora

12 abril, 2023 20:00(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Martín Códax

Rúa de Manuel Olivié, 23, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events