COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

Nani García Trío con Ton Risco

06xuñ20:30Nani García Trío con Ton RiscoCONCERTOS | -20:30(GMT+02:00) Vitruvia Café

Detalles do eventos

Nani García (1955), gran pianista, compositor, produtor musical e autor de numerosas bandas sonoras para cinema e teatro formouse en jazz en Suecia entre os anos 1976 e 1980. Foi fundador do soado grupo Clunia xunto a Baldo Martínez e Fernando Llorca. Este próximo xoves regresa a Vitruvia en formato cuarteto coa súa formación dos últimos anos (piano, contrabaixo e batería) á que se une como artista convidado o virtuoso vibrafonista Ton Risco. Non é fácil presenciar un concerto destas características, con músicos de tanta calidade interpretando a súa música e a doutros con tanta proximidade co público. Abrimos desta forma un mes de xuño no que nos visitarán outros dous recoñecidos pianistas cunha longa traxectoria musical.

Máis

Hora

6 xuño, 2024 20:30(GMT+02:00)

Localización

Vitruvia Café

Praza de Compostela, 5, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events