VIALIA
bannerPicnicSesions

Museo Etnográfico Liste

01xan00:0031dec(dec 31)23:50Museo Etnográfico ListeARTE E MUSEOS | 2,00 €(xaneiro 1) 00:00 - (decembro 31) 23:50(GMT+01:00) Museo Liste

Detalles do eventos

Nove salas de exposición permanente que ofrecen unha visión globalizadora do patrimonio etnográfico galego.

O Museo, de carácter monográfico e orientación etnográfica, conta con máis de 2500 pezas, que reflicten diversos aspectos da cultura tradicional galega.

O edifico que alberga o Museo Etnográfico Liste, é unha vivenda unifamiliar de mediados do s. XX. adquirida polo Concello de Vigo en 1994, é cedida en 1999 á Fundación por un período de 50 anos. Dende entón realizáronse pequenas intervencións para adecuar o edificio ás instalacións museísticas.

Cunha superficie útil de 590 m2, distribúese en catro plantas: planta baixa, primeira, segunda e baixocuberta onde se sitúan os servizos de dirección e administración.

A vivenda está bordeada dun terreo de 5.000 m2, que constitúe un espazo de interese, xa que conta con importantes especies arbóreas e zona de xardín, así como construcións de gran valor etnográfico, como un hérreo, unha fonte e un lavadoiro.

Un espazo sensible ao diálogo, á conversación, que acolle o legado do vivido como testemuño para a reflexión e comprensión do presente. Un espazo onde compartir experiencias que nos mostran a pluralidade e a condición cambiante da cultura. O presente para transmitir.

Horario:

Martes a Sábados: de 10.00h a 14.00h
Mércores: de 10.00h a 14.00h e de 17.00h a 19.00h
Pechado domingos, luns e festivos (excepto o Día das Letras Galegas), Sábado Santo, 24 e 31 de decembro.

Tarifas:

Entrada xeral: 2 €
Prezo reducido: 1 € para menores de 12 anos, 3ª idade, pensionistas, estudantes, desempregados e grupos de máis de 10 persoas. Entrada gratuita para colexios e asociacións da 3ª idade do Concello de Vigo.

Contacto:

Dirección: Rua Pastora, 22   –   36210 Vigo  
Teléfono: (+34) 986 24 46 98  
Enderezo electrónico: recepcion@museoliste.org
Páxina web: http://www.museoliste.org/index.php

Máis

Hora

Xaneiro 1 (Venres) 00:00 - Decembro 31 (Mércores) 23:50(GMT+01:00)

Localización

Museo Liste

Calle Pastora, 22, 36210 Vigo, Pontevedra

Other Events