MUSEO (DO ERMITÁN) MAN

01out10:0010xan(xan 10)19:00MUSEO (DO ERMITÁN) MANARTE E MUSEOS | De balde(outubro 1) 10:00 - (xaneiro 10) 19:00(GMT+02:00) Museo do Mar

Detalles do eventos

Esta mostra vainos achegar á vida e obra de Manfred Gnädinger (Radolfzell, 1936-Camariñas, 2002) máis coñecido como Man de Camelle, un home considerado por moitas persoas coma un simple ermitán extravagante, pero que en realidade foi un gran artista, que dedicou a súa vida á creación do seu propio museo, un museo en constante evolución, formado por esculturas e obxectos artísticos que creaba empregando os elementos naturais e restos que o mar lle aportaba na contorna do seu xardín.

Nela poderán entrar no universo de Man, coñecer algunhas das pezas que conformaban o seu museo, os seus cadernos e fotografías, obxectos persoais, incluso un documental inédito gravado en 1981 en Camelle por Joan Mallarach que rescata o testemuño do artista sobre o seu propio proxecto.

E como colofón final todas as persoas asistentes terán a posibilidade de entrar nunha réplica a escala da singular morada de Man de Camelle.

Horario:
De martes a venres:10:00-14:00, 16:00-19:00
Sábado e domingo: 11:00-14:00, 17:00-20:00
Luns: pechado

Máis

Hora

Outubro 1 (Xoves) 10:00 - Xaneiro 10 (Domingo) 19:00(GMT+02:00)

Localización

Museo do Mar

Av. da Atlántida, 160, 36208 Vigo, Pontevedra

Other Events