
11xuñ12:30Mundo de CorinaESPECTÁCULOS | 5,00€12:30 A Morada
Detalles do eventos
Métete no Mundo de Corina, onde viaxarás a distintos lugares, e á vez a ningún. Na tormenta mental que vén sendo unha sesión de improvisación estructurada, Corina cuestiónase,
Mundo de Corina
Métete no Mundo de Corina, onde viaxarás a distintos lugares, e á vez a ningún. Na tormenta mental que vén sendo unha sesión de improvisación estructurada, Corina cuestiónase, rise e sorpréndese mentres explora o amor, a identidade e outras facetas da sociedade actual. Utilizando o humor físico e os estímulos presentes no momento, Corina amosa a súa maneira de ver o mundo con autenticidade, convidando ao público a experimentar as cousas doutro xeito. Con Corina ao teu lado, atrévete a adentrarte no teu mundo.

(Sábado) 12:30
A Morada
R. Enrique Xabier Macías, 6, 36203 Vigo, Pontevedra