COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

Mulleres en revolta

22out12:00Mulleres en revoltaACTIVIDADES PARA O COCO | De balde12:00(GMT+02:00) C.S. A Revolta do Berbés

Detalles do eventos

O C.S. A Revolta do Berbés organiza o sábado 22 de outubro unha xornada chamada ‘Mulleres en revolta’.

PROGRAMACIÓN

  • 12h-14h: 1ª quenda do obradoiro de Batukada, impartido por Sariña Saeandonga
  • Simultaneamente: Colada feminista, saída a empapelar a zona de Churruca con lemas e frases feministas. Saída desde A Revolta.
  • 14h-16h: Almorzo coletivo, menú vegano, haberá bote para contribuír cos gastos da xornada.
  • 16h-18h: 2ª quenda do obradoiro de Batukada, impartido por Sariña Saeandonga
  • Simultaneamente: Colada feminista, saída a empapelar a zona de Churruca con lemas e frases feministas. Saída desde A Revolta
  • 19h: Recital poético con Silvia Penas, María Lado e Nuria Vil
  • 20.30h: Pinchada con DJ NU.EVA

*O obradoiro de Batukada é só para mulleres, no amplo sentido do termo. Ten un prezo de 10€ por participante, 5€ para estudantes e 0€ para mulleres sen ingresos. Os ritmos da 2ª quenda serámn os mesmo dos da 1ª quenda; a idea é que mentres un grupo está no obradoiro, o outro grupo estea de colada.

Para anotarte na Batukada ou no almorzo, escribe un correo a csrevolta@gmail.com. Aínda que na batukada non é preciso ningún coñecemento de música, indica se tes algunha experiencia en percursión.

Máis

Hora

22 outubro, 2022 12:00(GMT+02:00)

Localización

C.S. A Revolta do Berbés

Rúa Real, 12 36202 Vigo Pontevedra

Other Events