COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

Mounqup #ONTHERADAR

14out21:00Mounqup #ONTHERADARCONCERTOS | Desde 10,00€21:00(GMT+02:00) Radar Estudios

Detalles do eventos

Camille Hédouin, mellor coñecida como Mounqup, é unha cantautora francesa-galega. O seu estilo musical foi etiquetado como unha mestura de jazz e música electrónica, aínda que se define como unha vocalista electrónica rural. Chega a Galicia en 2011 para instalarse na aldea de Pardavedra (A Bola, Ourense) e formar parte do proxecto de recuperación da aldea de Saumede. Desenvolve unha electrónica moi persoal que conecta directamente coa islandesa Björk, pero tamén con Animal Collective, Grace Jones, The Knife ou Tune-Yards…

O seu primeiro traballo é ‘Proba de Son’ (Molho, 2017), gravado integramente por ela, contando con César ‘el Pana’ (batería de Belöp) para as mesturas e masterización.

Un ano despois chega ‘Castro Verdi’ (Molho, 2018). Un paso adiante na súa carreira que a leva a explorar novas texturas, aventurándose por novos carreiros que a achegan ao jazz, a electrónica con tinguiduras tribais e a experimentación con música incidental.

Venres 14 ás 21:00

Entradas á venda en www.woutick.es

Máis

Hora

14 outubro, 2022 21:00(GMT+02:00)

Localización

Radar Estudios

Rúa Iglesias Esponda, 30, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events