VIALIA
bannerPicnicSesions

MOTHERS

20dec19:00MOTHERSACTIVIDADES PARA O COCO | 2,00€19:00(GMT+01:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

Cineclube Lumière proxecta en colaboración coa Universidade de Vigo o documental ‘MOTHERS’ (2020), de Myriam Bakir.

SINOPSE
A lexislación de Marrocos tipifica como delito as relacións sexuais fose de matrimonio e unha muller pode ser condenada a prisión se queda embarazada sen estar casada. O aborto tamén é ilegal e só está permitido cando o embarazo pon en risco a saúde da muller, para o que o home debe dar o seu consentimento. Moitas mulleres novas atópanse nunha situación de vulnerabilidade e, a miúdo, non se atreven a explicar o embarazo ás súas familias por medo ao rexeitamento. A asociación Oum O Banine, liderada pola carismática Mahjouba Edbouche, loita contra unha realidade inxusta que é silenciada polos altofalantes mediáticos do reino marroquí.

O grupo de soporte de Edbouche ofrece un fogar, curas emocionais e asistencia legal ata o momento do parto. O periplo está cheo de obstáculos e pide altas doses de coraxe e tenrura. A directora Myriam Bakir captura escenas de impacto onde os pais das mulleres embarazadas negan a realidade, a pesar da persistencia de Edbouche en ofrecer solucións. Unha mostra de como o amor e a fraternidade plantan cara á opresión dun sistema que vulnera os dereitos básicos das mulleres.

Acceso gratuito para xente da comunidade universitaria e asociad@s do Lumiére.

Luns 20 ás 19:00

Máis

Hora

(Luns) 19:00(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events